Morre un home de 43 anos e resulta ferido un neno ao caer un coche por un terraplén en Beade
27 de septiembre de 2020 (23:54 h.)
O menor sufriu feridas leves
Un home de 43 anos faleceu este domingo no municipo ourensán de Beade, tras caer o vehículo que conducía por un terraplén. No coche viaxaba tamén un neno de 9 anos que sufriu feridas leves.
O sinistro produciuse ao redor das 19.30 horas. Ata o lugar acudiron efectivos sanitarios, os Bombeiros do Carballiño, o GES de Ribadavia, a Garda Civil de Tráfico e Protección.