Falece un motorista de 41 anos nunha colisión en Negreira
O vehículo que manexaba a vítima chocou contra un coche
Un home de 41 anos de idade, con iniciais D.Q.G, faleceu este luns tras sufrir un accidente de tráfico no termo municipal de Negreira.
O suceso produciuse ao chocar unha moto de gran cilindrada e un coche, pasadas as 19.00 horas, no quilómetro 0,900 da estrada AC-447, segundo informou o 061 Urxencias Sanitarias de Galicia.
Ata o lugar dos feitos mobilizouse persoal da PAC de Negreira e unha ambulancia asistencial. A vícima faleceu no punto do accidente.
A Agrupación de Tráfico da Garda Civil recomenda extremar a precaución na condución de motocicletas, moi especialmente naquelas de gran cilindrada, debendo adoptar os motoristas "unha velocidade prudente que non prexudique a capacidade de reacción ante obstáculos e circunstancias que poidan xurdir durante o manexo destes vehículos a motor, xa que son factores determinantes, presentes en multitude de sinistros viarios".