Morre unha persoa atropelada en Teo
06 de noviembre de 2018 (20:45 h.)
Sucedeu preto da Igrexa do Vilar de Calo
Unha persoa perdeu a vida esta tarde en Teo ao ser atropelada nas proximidades da Igrexa do Vilar de Calo. Sucedeu uns minutos logo das 17:30 horas, momento en que o 061-Urxencias Sanitarias contactaba co 112 Galicia para alertar do atropelo.
Acto seguido, o persoal do 112 Galicia pasaba o aviso á Policía Local, a Protección Civil e ao GES da Estrada.
Xa no lugar dos feitos, os efectivos sanitarios nada puideron facer por salvarlle a vida á persoa.