Un morto e dous feridos ao chocar un coche contra unha cabina de peaxe en Guísamo
Unha muller de 58 anos faleceu este sábado cando viaxaba como copiloto nun vehículo que chocou contra unha das cabinas da peaxe de Guísamo, na AP-9 en dirección Santiago-A Coruña.
Fontes de Protección Civil de Bergondo confirmou a Europa Press que o accidente se saldou cunha vítima mortal e dous feridos, o condutor do vehículo e a traballadora da cabina de peaxe contra a que impactou o coche. Segundo diversas fontes, o estado da operaria sería grave.
Os servizos de Urxencias Sanitarias de Galicia trasladáronse á zona para atender ás persoas feridas, así como membros da Garda Civil, Protección Civil de Bergondo e os Bombeiros de Betanzos.
INVESTIGACIÓN. Os traballos na zona dos profesionais continuaron durante as seguintes horas para auxilizar os afectados, restaurar as condicións de circulación na Autoestrada do Atlántico e valorar o estado da cabina de peaxe.
Ademais, fontes da Garda Civil explicaron que se están investigando as posibles causas do accidente, xa que se trata dun suceso "bastante aparatoso" sobre o que non se esclareceu a orixe.
Unha das hipóteses que se baralla é que o home que conducía o coche sinistrado non tivese claro por que peaxe ir e acabase encaixándose contra a cabina, con todo serán os axentes o que descubran que é o que sucedeu.