Un morto nunha colisión contra un camión na Capela

O suceso ocorreu na AG-64, pasadas as 13:30 da tarde
Luz dunha sirena de policía. ADP
photo_camera Luz dunha sirena de policía. ADP

Unha persoa morreu este mércores na Capela tras chocar o vehículo que conducía contra un camión, comunicou o 112 Galicia.

O servizo público de urxencias anunciou que o suceso sobreveu na AG-64 ao redor das 13:35 horas. 

Ao lugar do accidente acudiu persoal sanitario, do parque de bombeiros das Pontes (A Coruña), así como da Garda Civil.

Tamén se desprazaron integrantes do servizo de mantemento do viario para garantir a seguridade na condución pola zona.