Unha nova morte eleva a 860 os falecementos de persoas con covid en Galicia
25 de octubre de 2020 (00:12 h.)
Trátase dun home de 87 anos ingresado no Chus
Un novo falecemento rexistrado este sábado elevou a 860 as mortes causadas pola pandemia da covid-19 en Galicia desde o seu inicio.
A Consellería de Sanidade informou de que se trata dun home de 87 anos, que contraeu o virus e que estaba ingresado no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS).
Este home tiña patoloxías previas e non era usuario de residencia de maiores, precisa a mesma fonte.