Este é Poli, o can de Tomiño que salvou a vida á súa dona
20 de septiembre de 2018 (22:12 h.)
Cando María del Pilar sufriu un infarto, o can acudiu a xunta da filla desta para alertala
María del Pilar Durán Barreiro, unha veciña de Tomiño, conta chea de orgullo como o seu can, Poli, a salvou cando sufriu un infarto.
A muller, segundo explicou á TVG, caeu ao chan vítima dun infarto e entón foi o can quen deu aviso á súa filla. Esta, alertada por Poli, acudiu a auxiliala.
Tanto María del Pilar como o seu marido, Laureano Ferreira, presumen das habilidades do can, que tamén axuda a coidar dos polos.