Un positivo nun instituto de Tui obriga a pór en corentena os alumnos dunha ruta de bus
14 de octubre de 2020 (20:50 h.)
A situación afecta a preto de 50 estudantes do IES Indalecio Pérez Tizón e o IES San Paio, aínda que só foron detectados contaxios no primeiro
Un positivo detectado nun instituto de Tui obrigou a pór en corentena a todos alumnos da ruta escolar que conecta a este municipio e Salceda de Caselas.
Así o trasladaron fontes municipais a Europa Press, quen indicaron que a medida afecta tamén á clase na que cursa estudos o mozo.
A situación afecta a alumnos dun total de dous institutos, en concreto ao IES Indalecio Pérez Tizón e o IES San Paio, que son os que comparten este transporte en autobús –preto de 50–.
O primeiro deles é o único que conta, de momento, con casos positivos por covid-19, cun total de tres casos segundo o último parte facilitado pola Xunta.