O PPdeG nega un "xiro á dereita" do partido" e o BNG rexeita o seu discurso "rancio"
En Marea insta a Feijóo a que "deixe de vestirse de centrista"
O portavoz parlamentario do PPdeG, Pedro Puy, negou que o Partido Popular dese "un xiro á dereita" na Convención Nacional celebrada esta fin de semana en Madrid e valorou "moi positivamente" o evento. "Non hai ningún xiro á dereita. En absoluto. O Partido Popular desde a súa fundación trata de conformar unha maioría ao redor dun conxunto de ideas que son as liberais, conservadoras e reformistas do conxunto de España", asegurou Puy este luns en rolda de prensa.
Neste sentido, apuntou que o PP se reafirmou "como a casa máis representativa, a casa común do centro dereita democrático de España" e sinalou ter unha sensación "moi positiva" da devandita Convención. "A Convención foi un magnífico expoñente de cales son as ideas do Partido Popular, que son as liberais, conservadores e reformistas", destacou Puy, quen sentenciou que o PP é "a alternativa clara á esquerda".
"Non escoitamos falar nin de feminismo, nin de violencia de xénero, nin da loita das mulleres, senón que máis ben escoitamos un discurso rancio", destacou a portavoz.
Ante estas palabras, Puy asegurou que o feminismo e a loita contra a violencia de xénero si estivo presente na convención, coa realización de mesas "específicas" sobre o tema. "A señora Pontón está encantada con dicir cousas que non son verdade. Nós estamos neste Parlamento tentado chegar a un acordo galego contra a violencia de xénero. Creo que con isto non é necesario facer ningunha valoración máis", sentenciou o portavoz popular.