Os rapaces da Casa do Neno visitan as instalacións de El Progreso en Santiago
15 de marzo de 2019 (11:49 h.)
Coñeceron o funcionamento da redacción dun xornal con motivo da Semana da Prensa
Un grupo duns vinte rapaces de cinco e seis anos do colexio Casa do Neno visitaron este venres as instalacións do Grupo El Progreso en Santiago de Compostela.
Co gallo da Semana da Prensa, coñeceron o funcionamento da redacción dun xornal e elaboraron unha noticia. Na delegación compostelá do grupo sitúase a Axencia Galega de Noticias e a redacción de Galiciaé, a plataforma dixital que abrangue as webs de El Progreso e Diario de Pontevedra.