Resulta ferido en Ribeira ao chocar conra un bus escolar con nove rapaces
11 de marzo de 2019 (20:58 h.)
O suceso aconteceu ás tres da tarde, cando os mozos regresaban ás súas casas
Unha persona resultou ferida na localidade de Ribeira este luns ao chocar un autobús e un turismo na Rúa da Praia, segundo informa o 112.
Ocorreu sobre as 15.00 horas á altura do número 13. O 112 informou os bombeiros de Ribeira, aos axentes da Garda Civil de Tráfico e a Policía Local, que, unha vez no lugar, indicaron que a bordo do autobús viaxaban nove mozos que regresaban aos seus domicilios.
O único ocupante do turismo si necesitou ser trasladado ao centro hospitalario de referencia.