Unha saída de vía en Vigo sáldase cunha persoa ferida de consideración
Unha persoa resultou ferida de gravidade despois de saírse da vía co seu vehículo cando circulaba pola estrada de Camposancos, á altura do número 341, ao seu paso pola parroquia viguesa de Coruxo.
O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 12.00 desta mañá ao recibir a chamada dun particular. No seu relato, o alertante indicaba que unha persoa necesitaba axuda tras saírse da vía co vehículo no que viaxaba e caerse por un desnivel.
Unha vez no lugar dos feitos, os servizos de emerxencia confirmaron que o ferido encontrábase liberado e accesible, polo que foi descartado o uso do material de excarceración.
Desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias pasouse aviso a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Vigo, Garda Civil de Tráfico, Policía Local e membros de Protección Civil.
Nestes intres, o persoal sanitario trata de estabilizar ao ferido para proceder ao seu traslado.