O Seprona investiga a morte de catro cabalos salvaxes nun monte de Oia 

Un dos cabalos que apareceu sen vida en Oia. TVG

Este suposto caso de malos tratos animais sucedeu na parroquia de Viladesuso, nunha zona denominada O Areeiro

O Servizo de Protección da Natureza (Seprona) da Garda Civil de Pontevedra investiga a morte de catro cabalos en Oia a pasada fin de semana, segundo confirmou o Instituto Armado a Europa Press. 

Un equipo do Seprona de Tui dirixe esta investigación tras o achado de catro equinos salvaxes mortos nun monte da parroquia de Viladesuso, nunha zona denominada O Areeiro, por gandeiros do lugar. 

Un equipo de sanidade animal da Xunta de Galicia recompilou mostras na mañá deste luns para elaborar un informe sobre a causa da morte destes cabalos, cuxos cadáveres seguían este luns no monte. 

Os catro cabalos estaban dentro dunha canle de formigón que se emprega para introducir aos animais e proceder a desparasitarlos.