O tráxico balance da pirotecnia en Galicia: 32 mortos en 34 anos
Os accidentes relacionados coas empresas pirotécnicas deixan en Galicia un balance de, polo menos, 32 mortos desde principios da década dos 80 ata 2015. Unha das máis golpeadas é a pirotecnia Josman, en Coles, onde faleceron 15 persoas entre 1981 e 2010.
1981: Tres mortos e un ferido na pirotecnia Josman, en Coles
1984: Dous mortos nunha explosión na fábrica de Zapardiel, en Monforte
1984: Cinco mortos nunha explosión na empresa Josman, en Coles
1986: Tres mortos na pirotecnia A Rosaleira, no Rosal
1987: Dúas nenas perderon a vida ao explotar unha caseta do taller de Josman, en Coles. Outras dúas mulleres resultaron feridas
1987: Un accidente causa a morte á propietaria da pirotecnia El Machete, en Amoeiro
1997: Un morto na pirotecnia A Rosaleira, no Rosal
1997: Un accidente causa a morte ao propietario de Josman e a dous empregados
2003: Dous empregados da empresa Abad, de Leiro, morren cando transportaban unha furgoneta cargada con sete quilos de pólvora
2003: Un morto nunha explosión en Brión
2005: Un morto nunha explosión rexistrada na fábrica da empresa Santa Cristina, na Cañiza
2005: Unha explosión en Tui sáldase sen danos persoais
2006: Un morto e un ferido no taller de Josman, en Coles
2006: Unha explosión na pirotecnia Melias, en Pereiro de Aguiar, deixou dous mortos
2006: Unha forte explosión en Calo, Teo, non causou feridos
2009: Falece o dono da pirotecnia A Rosaleira (O Rosal) nunha gran explosión.
2010: Un familiar dos propietarios de Josman morre nun sinistro pirotécnico en Coles
2013: Seis feridos ao explotar parte da carga pirotécnica que se transportaba nunha furgoneta en Ordes
2013: Oito feridos ao estalar un ramallete de bombas de palenque en Ponte Caldelas
2015: Tres mortos nun accidente na pirotecnia Abad, en Leiro