Volve a calor a Galicia, con temperaturas propias do verán
Os termómetros chegarán a marcar este mércores 30 graos en Pontevedra e 32 en Ourense
A partir do xoves prevese un ascenso xeneralizado das temperaturas. O sol e a calor serán a tónica predominante e superaranse os trinta graos en gran parte do territorio galego, chegando o venres a rexistrarse valores de risco nalgúns puntos. Na cidade das Burgas, por exemplo, está previsto que se alcancen os 36 graos, mentres que na capital lucense ou a Boa Vila chegarase aos 32.
É unha "calor que chega moi cedo", avanzou Rubén del Campo, portavoz da Axencia Estatal de Meteoroloxía (Aemet) para resaltar que as temperaturas se situarán, especialmente a fin de semana, entre 10 e 15 graos por encima do normal para esta época do ano. Este episodio de intensa calor vén determinado pola propia estabilidade que xera a presenza do anticiclón con ceos totalmente despexados, moitas horas de calor e sen apenas vento, o que propicia un elevado quecemento da superficie terrestre.
A Coruña 10° - 18°
Ferrol 9°- 21°
Lugo 8° - 26°
Ourense 11° - 32°
Pontevedra 13° - 30°
Santiago 10° - 25°
Vigo 14° - 28°