sábado. 23.10.2021 |
El tiempo
sábado. 23.10.2021
El tiempo

A xenial solución dun neno do rural galego para a escaseza de papel hixiénico

O rapaz, durante a súa clase maxistral. TWITTER
O rapaz, durante a súa clase maxistral. TWITTER
Nun vídeo destinado á xente "da cidade", o rapaz explica detalladamente a forma de paliar a ausencia dun dos produtos máis demandados durante o estado de alarma

"Esta mensaxe vai dirixida a estes da cidade que arrasan co papel hixiénico dos supermercados". Dunha forma tan directa comeza o seu vídeo un rapaz do rural galego que deu coa solución para que o posible desabastecemento dun dos artículos estrela durante o estado de alarma non afecte en absoluto á vida cotiá dos cidadáns.

Nas imaxes, que se viralizaron rapidamente por redes sociais como Twitter, o neno defende que "as verzas" son un substituto natural este produto. "A maioría deses –de cidade– critican ao pobo pero nós non temos ningún problema co papel hixiénico porque aquí temos unha cousa que se chama verza. Vou explicar o que son as verzas porque, sabendo aos lerdos aos que lle envío isto, vano necesitar", conta o rapaz.

"As verzas –prosigue– son unhas plantiñas como as que vós plantades por aí por María Pita pero máis bonitas. Teñen un tronco máis gordo que os vosos eucaliptos pequenos e desprenden follas". E precisamente nestas follas é onde está o quid da cuestión. "Esas follas teñen dúas texturas. Explícovos: textura un, moi rugosiña, para as primeiras pasadas; textura dous, suaviña, para as últimas pasadas. Gracias", conclúe.

Como non podería ser doutra forma, os usuarios de Twitter aplaudiron de forma unánime ao neno, gabando a súa gran espontaneidade e desenvoltura. Algúns deles, incluso, xa ven ao rapaz como o Miquel Montoro galego.

A xenial solución dun neno do rural galego para a escaseza de papel...
Comentarios