Xuntos solicita a suspensión do funcionario condenado polo enchufe da cuñada de Silva

Xuízo polo "enchufe" da cuñada de Carmela Silva. SALVADOR SAS (EFE)

Presentou unha petición formal no Concello de Vigo, ao considerar "vergoñoso" que francisco Orue siga no seu posto, aínda que a sentenza non sexa firme

O portavoz de Xuntos, Carlos Armada, entregou este luns no rexistro do Concello de Vigo unha solicitude formal de suspensión cautelar do funcionario Francisco Javier Gutiérrez Orue tras ser condenado a máis de 5 anos de cárcere por utilizar "o diñeiro dos vigueses para pagar favores á tenente de alcalde e presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, enchufando á súa cuñada".

Armada asegura que é "vergoñoso" que este funcionario siga no seu cargo e insiste en que a pesar de que a sentenza non sexa firme, é "significativa", polo que "cremos que non pode seguir traballando no Concello nun cargo de responsabilidade. Quen nos di que non vai seguir facendo favores se xa os fixo".

O escrito presentado este luns pola mañá está dirixido á alcaldía e nel tamén solicitan que lles permitan participar no pleno extraordinario que se celebra este mércores a petición do PP para tratar este asunto.

MARISQUIÑO. Doutra banda, Armada anunciou que van recorrer á Audiencia a decisión da Fiscalía, admitida pola xuíza do caso do accidente do Marisquiño, que lles obriga a pagar unha fianza de 12.000 euros para manterse como acusación particular nesta causa. "Cremos que a audiencia nos vai a rebaixar a fianza porque 12.000 euros son excesivos", dixo á prensa.