Aumento da nubosidade en Galicia pola chegada dunha fronte
07 de abril de 2020 (22:49 h.)
Ao longo da tarde deste mércores rexistraranse algunhas choivas na comunidade
Unha fronte irase achegando a Galicia durante o mércores. Deste xeito, as nubes irán aumentando a medida que avance o día, co cal pola tarde haberá algunha precipitación no litoral atlántico.
As temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro ascenso, mentres que as máximas continuarán sen cambios.
Os ventos soprarán frouxos, con predominio do compoñente sur.