Camila Bossa:''Soy un desastre en la cocina pero acompaño a las cocineras que son mi madre y mi hermana''
A actriz colombiana Camila Bossa promociona a sua última película "18 comidas", dirixida por Jorge Coira, na que 25 actores improvisan ante unha comida (premiada no festival internacional de Taormina en Italia) e fala a GG das suas preferencias culinarias na feria do viño Ribeiro, despois de facer de pregoneira e probar casi trinta viños na inauguración oficial.
Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?
Resposta: Encantame comer e prefiro os ovos fritidos con chourizo, a carne ó caldeiro e o "ajianco" que é un plato típico de Bogotá que ven sendo un cocido con polo, millo, yuca, ñame, pataca e unha herba indispensable que é a guasa, e todo acompañado con aguacate, alcaparras e nata líquida. O que menos me gusta é todo o de "fritanga" e os fiambres industriais.
P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?
R: Bebo viño, sobre todo tiro polo tinto, pero tamén me gusta a cervexa. O que nunca bebo é "coca-cola" e outros refrescos semellantes.
P: Ten un postre favorito? de quen?
R: O que me volve tola é un que se chama "morir por chocolate" que fan na Curtiduría de Santiago de Compostela.
P: Na cocina, ¿que prato se lle da mellor?
R: Sou un desastre na cociña porque as que fan comida habitualmente son a miña nai e a miña irmá e eu só me adico a comer, acompañar á cociñeira e todo o que se espera de unha "pinche" de cociña.
P: Así e todo, coñece algún segredo para a cociña?
R: Por estar sempre cerca de boas cociñeiras sei que hai que usar sempre un bó aceite de oliva e ademáis non deben faltar nunca os condimentos igual que o allo e a cebola.
P: ¿Comidas de dous pratos e postre ou mellor tapeo?
R: Cando teño moita fame entrolle a comida de tres pratos pero xa pola tarde sou máis de tapeo.
P: ¿Carne ou peixe?
R: Ambos por igual.
P: Entre os alimentos favoritos ¿hai algún imprescindible, por ejemplo para momentos de tensión?
R: Para mín sempre é imprescindible o chocolatenegro ó 75 por cento e as infusións e, por exemplo, diante da televisión na casa sempre tomo unha infusión con galletas ou cereais.
P: ¿Lembra algún prato recén descuberto e que resultase unha sorpresa agradable?
R: A última vez que estiven en Colombia, fun a un restaurante peruano e descubrín un "cebiche" de peixe con mango que me gustou moito.
P: E unha experiencia sorprendente pero desagradable?
R: Non me gustan as vísceras salvo o fígado encebolado.
P : Por que prato sinte curiosidade e non coñece?
R: Me apetecería moito probar as ancas de rá.
P: ¿Quen ou que cousa están para comelos?
R: O actor de Puerto Rico Joaquín Phoenix, o que protagonizou "Quills" no ano 2000 ou "En la cuerda floja" fai tres anos.
P: ¿Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?
R: A José María Aznar pois o caso é que o vin na televisión inaugurando un curso da FAES e vino realmente feo e "antilibido"
P: ¿Pensa que somos o que comemos?
R: Sí, en gran parte é así: somos o que pensamos e o que comemos. Creo moito nesa importancia da comida.