Os ceos cubertos e as chuvias marcarán este venres en Galicia

Mapa de clima. METEOGALICIA
 As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente,

Unha fronte fría asociada a unha profunda borrasca centrada ao oeste de Irlanda chegará a Galicia durante esta xornada. Así, os ceos permanecerán cubertos, con chuvias que durante a mañá se rexistrarán na metade oeste e co avance do día iranse intensificando e chegarán a toda a Comunidade, podendo ser localmente treboentos.

As temperaturas mínimas ascenderán lixeiramente, mentres que as máximas quedarán sen cambios significativos. O vento soprará moderado de compoñente sur con intervalos fortes durante a mañá na franxa atlántica.