Ceos despexados e temperaturas en ascenso para comezar a 'finde'

Este venres os ceos quedarán despexados. METEOGALICIA

Galicia quedará o venres no corredor de ventos do sur que se forma entre o anticiclón centrado na península Ibérica e unha profunda borrasca situada ao noroeste. 

Así, comezará o día con intervalos de nubes baixas no oeste e sur da Comunidade para deixar paso a ceos pouco nubrados ou despexados en xeral. 

As temperaturas ascenderán lixeiramente. 

O vento soprará forte do sur, con refachos moi fortes en puntos do litoral norte. 

Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 14° 20°, Ferrol 13° 20°, Lugo 9° 19°, Ourense 11° 22°, Pontevedra 12° 21°, Santiago 11° 17°, Vigo 12° 21°