Os ceos pouco anubrados serán unha constante este xoves en Galicia
20 de mayo de 2020 (21:23 h.)
As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso
Sen cambios significativos para esta xornada, continuaremos polo tanto coas altas presións lixeiramente retiradas ao sur, o que permite a chegada de humidade. Así, agárdanse ceos pouco anubrados con nubes de tipo medio e alto.
As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso. Os ventos soprarán frouxos de dirección variable.