As choivas e o frío, protagonistas este sábado en Galicia
18 de junio de 2021 (21:48 h.)
O tempo adverso manténse e non se aprezarán apenas cambios de cara o sábado e o domingo
Para a primeira xornada da fin de semana non se agardan cambios significativos, xa que se mantén o aire frío nas capas altas da atmosfera e polo tanto a inestabilidade. Así, Galicia comezará o día cos ceos parcialmente cubertos e co avance da xornada rexistraranse chuvascos, máis probables no interior da comunidade e pola noite a chegada dunha fronte polo oeste deixará chuvias máis xeneralizadas, segundo apunta MeteoGalicia.
Temperaturas mínimas e máximas
A Coruña 14° 18°, Ferrol 14º 18°, Lugo 12° 18°, Ourense 14° 20°, Pontevedra 13° 18°, Santiago de Compostela 12° 17° Vigo 14° 19°