Chuvascos ocasionalmente tormentosos e ventos fortes para este domingo

Choiva. PEPE FERRÍN

As temperaturas sufrirán un descenso, especialmente as máximas

Despois do paso dunha fronte o sábado, o domingo a comunidade estará marcada polas choivas, con entrada de aire frío. Os ceos estarán parcialmente cubertos, con chuvascos ocasionalmente tormentosos acompañados de saraiba. 

Así o recolle a predición de Meteogalicia, que prevé que o vento sopre de compoñente oeste, forte no litoral norte e as zonas altas, sobre todo pola mañá. 

En canto ás temperaturas, sufrirán un descenso, máis acusado as máximas. Desta forma, entre as principais cidades galegas, as míminas oscilarán entre os 5 graos de Lugo e os 11 de Ferrol, e as máximas variarán entre os 11 graos de Lugo e os 15 que se alcanzarán en Vigo.