Continúa a inestabilidade atmosférica este martes en Galicia

ADRA PALLÓN
As temperaturas sufrirán un lixeiro a moderado descenso

O martes continuará a inestabilidade atmosférica en Galicia. Deste xeito, agárdase unha xornada de ceo parcialmente cuberto con precipitacións intermitentes na metade oeste do territorio, e con alternancia de nubes e claros no leste.

As temperaturas sufrirán un lixeiro a moderado descenso, máis acusado nas mínimas, acadando valores moi baixos para a época do ano. O vento soprará frouxo do suroeste, con intervalos fortes na proximidade de Estaca de Bares.