Galicia permanece na influencia das altas presións este sábado
06 de junio de 2020 (00:20 h.)
As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso
O sábado Galicia permanece na influencia das altas presións, pero unha fronte fría pouco activa entrará polo litoral norte. Así, agárdanse ceos con máis nubes canto máis ao norte, con chuvias febles no litoral norte. Pola tarde medrarán nubes de evolución na provincia de Ourense que poden deixar algún chuvasco illado e ocasional.
As temperaturas mínimas ascenderán moderadamente, mentres que as máximas sufrirán un lixeiro descenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte en xeral.