Galicia seguirá cuberta polas nubes este venres

EFE
As temperaturas non terán cambios significativos

O venres poucos cambios significativos a nivel meteorolóxico. Así, o ceo estará cuberto nas provincias de A Coruña e Pontevedra con máis claros no leste de Lugo e de Ourense. Cara á noite a chegada dunha fronte deixará precipitacións xeneralizadas.

As temperaturas non terán cambios significativos. O vento soprará frouxo do sudoeste, con refachos fortes no litoral norte na segunda metade da xornada.