Galicia terá un día de nubes e claros
06 de mayo de 2020 (21:38 h.)
Galicia continuará este xoves nunha situación atmosférica pouco definida, de pantano barométrico. Polo tanto, os ceos estarán con presenza de nubes de tipo medio-alto e máis despexados na metade sur, con nubes baixas no litotal norte e brétemas costeiras. As temperaturas experimentarán un lixeiro ascenso. O vento soprará frouxo de compoñente norte, máis intenso no litoral pola tarde.