Maio estréase con frío

Este martes Galicia queda transitoriamente na influencia das altas presións, polo que se espera unha situación máis estable que a de xornadas anteriores. Así, amencerá con ceo despexado, bancos de néboa en moitos puntos do interior da comunidade e intervalos de nubes baixas no terzo norte. A partir do mediodía alternarán nubes e claros. 

Segundo a información de Meteogalicia, dependente da Consellería de Medio Ambiente, este sábado o vento soprará frouxo variable ao principio, de compoñente oeste pola tarde, cambiando a sur pola noite. 

Pola súa banda, as temperaturas mínimas experimentarán un lixeiro descenso, con xeadas en zonas de interior e as máximas seguirán sen cambios ou terán un lixeiro ascenso. Así, as máximas subirán até os 18 graos en Ourense, mentres que as mínimas descenderán até os dous graos en Lugo.