María Luisa Graña:''Estoy en una fase de la vida en la que aún me apetece comerme a mi compañero''
Graña preside o grupo empresarial Tragsa dende abril de 2009 o que a obrigou a levar a sua casa dende O Morrazo até Madrid e alí bota de menos as chulas que fai a sua avoa e os pratos que a sua nai cociña incluso para as súas reunións cos amigos, pois ela confesa non terlle collido gusto nengún á cociña.
Pregunta: Cal é a sua comida favorita y cal a que menos lle gusta?
Resposta: Calqueira guiso sexa de carne ou de peixe cas pataquiñas co seu tempo de preparación e ca sua salsa. Pola contra, non me gusta o queixo curado e teño probado varios pero o sabor non me resulta agradable, aínda que o fresco sí acompañado con marmelo.
P: Cal é a sua bebida preferida y cal a que menos pide?
R: O que máis bebo é auga e gustame tamén o viño pero non o bebo moito, agora o que non bebo nunca é un licor.
P: Ten un postre favorito? de quen?
R: Pois as chulas que aínda fai a miña avoa Luisa, de 92 anos e que vive no Morrazo (Pontevedra).
P: Na cociña, qué pratos prefire preparar?
R: Na cociña vou fatal, son un desastre. Creo que cheguei a non saber cociñar como resultado, posiblemente, de que sempre fun a pinche da miña nai, cando era pequena, e tocábame pelar as patacas ou picar a cebola y en vez de collerlle gusto, pasoume o contrario. Pero a miña nai é unha gran cociñeira e cando teño algunha celebración na casa como cumpreanos ou un Nadal, miña nai faino todo e eu recollo a comida para levar a miña casa. Claro que nunca engano a ninguén e os meus amigos son grandes admiradores da cociña da miña nai. En resumen, en cuestións de cociña practico a externalización cara a miña nai.
P: Entón, algún segredo culinario da sua nai para triunfar?
R: Pois non sei dos seus segredos pero a sua especialidade máis singular é unha empanada de bonito que fai sen tapa superior. Creo que é o resultado de un día no que quedou sen masa suficiente para tapar o bonito e agora quedoulle algo intermedio entre empanada e pizza, con tiras de masa por riba e ocos recheos de mahonesa.
P:Se considera clásica ou innovadora en materia de comida?
R: Gustame comer de todo e según o día toca comida tradicional ou probar cousas novas, sobre todo cando viaxo fora.
P:Habitual de comidas completas con varios pratos e postres ou do tapeo?
R: Gustame máis o tapeo por o meu traballo actual e hábitos de vida asociados a él, pois casi sempre como fora de casa.
P: Máis de carne ou de peixe?
R: Prefiro o peixe e dentro deso, de todo e váleme pequeno como os chinchos ou grande como un bó rape ou pescada, tanto en guiso como á prancha.
P: Algún capricho comestible para momentos concretos, por exemplo, estar baixo presión?
R: Sempre teño unha tabletiña de chocolate negro pois cando chego a casa, me tiro un rato no sofá tras a cea e non remato ben o día se non teño o chocolate.
P: O último xantar que lle sorprendeu e gustou?
R: Pois o máis inmediato foi o pulpo á feira que comimos en Laza (Ourense) no último acto que celebramos alí de entrega de un novo sistema de intercomunicadores para pilotos e brigadistas de extinción de incendios.
P: E pola contra, algún descubrimento recente pero que non lle gustara?
R: É difícil para mín lembrar algo deso pois son de bó dente.
P: Algo que lle gustaría probar porque o coñece de oídas?
R: Non teño pratos concretos pendentes de probar pero sí lugares para comer ós que me apetece ir como a terraza do restaurante que está no ático do museo Thyssen, e só abre nos meses do verán.
P: ¿Quén ou qué cousa está para comela?
R: Estou nunha fase da vida na que me sigue apetecendo comerme ó meu compañeiro.
P: Quen ou que cousa están para rillalos por unha perna?
R: O ruido, non o físico, senon esa sensación de crispación permanente que é o ruido que cantou Sabina.
P: Pensa que somos o que comemos?
R: Sí pero é insuficiente pois somos moito máis. Pero tamén somos o que comemos porque nos gusta comer todo o que forma parte da nosa historia persoal e como mostra, a ningúen lle gusta a tortilla de pataca que non sexa como a primeira que comeu na casa e lle gustou.