As nubes chegan este venres a Galicia

Nubes e claros. ALBA SOTELO
As temperaturas non terán cambios significativos

O venres agárdase unha xornada na que o anticiclón se irá afastando e a circulación será do oeste. Esta situación deixará un día de ceos despexados no interior, con intervalos de nubes baixas no litoral atlántico.

Xa pola noite haberá un aumento de nubes, mesmo con orballos illados no litoral atlántico. As temperaturas non terán cambios significativos. Os ventos soprarán frouxos de compoñente oeste.