Este sábado agárdanse chuvascos en Galicia
28 de agosto de 2020 (22:27 h.)
As temperaturas quedarán sen cambios significativos
Durante as primeiras horas do sábado unha fronte chegará a Galicia polo norte. Deste xeito, na metade norte agárdanse chuvascos, máis frecuentes e intensos na primeira metade do día, cando mesmo poden ter carácter tormentoso.
Na metade sur os ceos alternarán nubes e claros, con chuvascos intermitentes que irán remitindo a partir do mediodía. As temperaturas quedarán sen cambios significativos, con lixeiros descensos das mínimas na provincia de Ourense. Os ventos soprarán de compoñente norte, moderados.