Segue a calor en Galicia, aínda que se esperan tormentas

Mapa da previsión do tempo para este xoves.METEOGALICIA

Galicia lucirá este xoves un ceo pouco nubrado ou despexado de xeito xeneralizado pola mañá e con nebulosidade de evolución diúrna a partir do mediodía no interior, con probabilidade de tormentas e chuvascos dispersos á primeira hora da tarde que poden ser localmente fortes.

As temperaturas experimentarán poucos cambios no suroeste e en ascenso nas demais zonas, que será notable nas máximas do extremo norte. Vento de compoñente leste no extremo norte e frouxo variable no resto da comunidade autónoma.

TEMPERATURAS MÁXIMAS E MÍNIMAS NAS CIDADES GALEGA
A Coruña     19°     28°

Ferrol     18°     31°

Lugo     14°     31°

Ourense     17°     35°

Pontevedra     19°     33°

Santiago de Compostela     18°     31°

Vigo     21°     31°