A semana arrinca con máis choiva
13 de octubre de 2019 (23:21 h.)
Unha fronte atravesará Galicia este luns
Unha nova fronte atravesará Galicia durante a xornada do luns, deixando ceos cubertos con choivas de carácter máis persistentes pola mañá, xa máis intermitentes durante a tarde sen descartar que sexan acompañadas de aparello eléctrico.
As temperaturas sufrirán entre un lixeiro a moderado descenso. Os ventos soprarán de compoñente oeste, frouxos en xeral, sendo fortes no terzo norte.
Temperaturas extremas
A Coruña 15° 18°, Ferrol 13° 18°, Lugo 8° 15°, Ourense 12° 18°, Pontevedra 12° 18°, Santiago de Compostela 11° 16° e Vigo 14° 18°