A semana comeza con inestabilidade atmosférica

Ceo con nubes. ALBA SOTELO
As temperaturas ascenderán lixeiramente

Durante o luns continuará a inestabilidade atmosférica debido á entrada de aire frío nas capas altas da atmosfera. Así, agardamos unha xornada de ceos parcialmente cubertos, con chuvascos tormentosos máis frecuentes e intensos pola tarde.

As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará do nordés, moderado no litoral norte e máis frouxo no resto.