Situación inestable no clima galego este venres
20 de marzo de 2020 (01:35 h.)
As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso
A inestabilidade atmosférica pola mestura dunha masa de aire cálido en superficie e outra fría en altura continuará durante esta xornada.
Con esta situación, agárdanse ceos con alternancia de nubes e claros pola mañá, máis cubertos durante a tarde cando os chuvascos serán máis xeneralizados e localmente treboentos. As temperaturas mínimas non terán cambios, mentres que as máximas sufrirán un moderado descenso.
Os ventos soprarán frouxos, de dirección variable.