O sol acompáñanos unha xornada máis
13 de febrero de 2019 (01:59 h.)
Gran contraste entre as mínimas e as máximas
Non se esperan cambios significativos para o mércores no que ao tempo se refire, xa que Galicia continuará na influencia das altas presións.
Así, os ceos estarán pouco nubrados ou despexados en xeral, con bancos de néboa matinais e algún intervalo de nubes altas. As temperaturas mínimas quedarán sen cambios significativos, mentres que as máximas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente sur.
Temperaturas mínimas e máximas previstas nas cidades:
A Coruña 7° 18°, Ferrol 4° 18°, Lugo 1° 16°, Ourense 1° 19°, Pontevedra 4° 21°, Santiago 5° 16° e Vigo 8° 20°.