As temperaturas ascenderán lixeiramente este xoves en Galicia

EP
O vento soprará frouxo de compoñente norte, algo máis intenso na franxa costeira

Unha xornada máis mantemos a influencia das altas presións sobre Galicia. Polo tanto agárdase algún intervalo de nubes baixas a primeiras horas do día no terzo norte e despois os ceos quedarán despexados en toda a comunidade.

As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará frouxo de compoñente norte, algo máis intenso na franxa costeira.