O temporal dá un pequeno respiro este sábado a Galicia

Tempo en Galicia. METEOGALICIA
As temperaturas ascenderán lixeiramente

O sábado será un día de transición á espera da chegada dunha fronte asociada a unha borrasca situada sobre as Illas Británicas.

Así­, os ceos estarán parcialmente anubrados, con chuvascos illados no norte e leste durante a mañá; co avance da tarde comezarán as chuvias na franxa atlántica e iranse estendendo a toda Galicia na noite.

As temperaturas ascenderán lixeiramente. O vento soprará do noroeste, virando a sur pola noite.