El Colegio Oficial de Químicos de Galicia instala su sede en Santiago de Compostela

Junta directiva del Colegio de Químicos de Galicia ante la nueva sede, en Santiago.EP

Colquiga traslada su sede desde Vigo "para estar más cerca de todos los colegiados y colegiadas" y "estar más próximos a los Poderes Ejecutivo y Legislativo" de la comunidad gallega

O Colexio Oficial de Químicos de Galicia (Colquiga), que preside Manuel Rodríguez Méndez, xa ten a súa sede en Santiago de Compostela. O pasado venres, 29 de xuño, a xunta directiva celebrou a súa primeira reunión nas novas instalacións. A nova sede do Colexio Oficial de Químicos de Galicia, que substitúe á situada na avenida Urzáiz de Vigo, está situada en Área Central Fontiñas (1ª planta, local 31-E).

Manuel Rodríguez Méndez explica que o cambio de localización da sede débese a que "desde hai anos as persoas colexiadas demandaban un lugar máis céntrico, desde o punto de vista xeográfico, para situar a nosa sede. Querían que o colexio estivese máis próximo dos colexiados e colexiadas", asegurou.

Outra das razóns de elixir Santiago responde á proximidade das institucións, ademais de por motivos técnicos. "A sede de Vigo era un local en réxime de aluguer, que xa vencera e que os propietarios prorrogaran ata o seu novo vencemento”, explica Manuel Rodríguez Méndez, quen aproveitou esta circunstancia, cumprindo o mandato recibido pola Xunta Xeral do 18 de novembro de 2017, para buscar un local en Santiago e adquirilo en propiedade.

O decano, que asumiu o seu cargo á fronte do Colexio Oficial de Químicos de Galicia en xaneiro de 2017, tamén apunta que a localización de Santiago permitirá ofrecer a colexiados e colexiadas unha maior e mellor oferta formativa e de actividades ao longo do ano.

No entanto o decano non ocultou a súa nostalxia con este cambo: “Este é un momento triste, sobre todo despois de que Vigo, concretamente a emblemática rúa Urzáiz, acolla a nosa sede desde os anos 50”, Rodríguez Méndez, destacou ademais que Vigo sempre nos acolleu con agarimo e estivo ao noso lado; por iso para min, como vigués e como decano, deixar esta cidade foi dobremente triste. Pero seguiremos tendo a Vigo como un referente na vida do noso Colexio", anunciou.

O Colexio Oficial de Químicos de Galicia constituíuse en Xunta Xeral o 20 de abril de 1952. Inicialmente adquiriu a denominación de Colexio Oficial de Químicos de Vigo, onde tiña a súa sede. "Naceu en Vigo porque a cidade tiña puxanza industrial e porque tamén os impulsores da iniciativa tiñan aquí o seu lugar de residencia e de traballo", Co paso dos anos o ente colexial adoptou a denominación actual de Colexio Oficial de Químicos de Galicia e seguiu tendo a súa sede en Vigo. Ao finalizar 1952 o Colexio Oficial de Químicos de Galicia contaba con 77 colexiados e colexiados. Hoxe achégase aos 600 colexiados e colexiadas, incluídos activos e xubilados.