Ve a luz o esperado vídeo de 'Lo malo'
06 de abril de 2018 (14:43 h.)
A canción estivo preto de representar a España no próximo Festival de Eurovisión
O vídeo clip de Lo malo foi estreado este venres ante unha gran expectación dos fans Operación Triunfo.
Os fans esperaban ansioso o vídeo completo da canción coa que as concursantes Aitana Ocaña e Ana Guerra comparten escenario logo dos avances difundidos a través das redes.
Na metraxe vese a ambas as artistas ataviadas con roupas de diferentes estilos nunha discoteca onde todo o mundo baila esta canción.