Gran despregamento en Pontevedra tras aparecer un cadáver aboiando no río Lérez
13 de septiembre de 2018 (11:52 h.)
O corpo do home non presentaba signos de violencia
Un gran dispositivo das policías Local e Nacional co apoio de Protección Civil foi preciso para recuperar, en condicións de seguridade, o cadáver dun home, cuxo corpo foi achado en augas do río Lérez minutos logo das oito da mañá deste xoves.
A autoridade xudicial acudiuse no lugar pouco despois e, tras verificar o falecemento dun home de mediana idade, ordenou o levantamento do cadáver.
A Policía Científica lidera agora as investigacións para certificar as causas da morte. O corpo non presentaba signos de violencia, polo que as hipóteses iniciais apuntan a un accidente ou un suicidio.