Un choque en cadea provoca o primeiro gran atasco do ano en Rande

Puente de Rande. DGT

Catro vehículos víronse implicados no accidente

Unha colisión múltiple que tivo lugar ás 15.30 horas deste mércores provocou o primeiro gran atasco do ano na ponte de Rande. No accidente víronse implicados catro vehículos e afortunadamente saldouse sen feridos.  

O suceso xerou retencións en sentido O Morrazo durante aproximadamente unha media hora.