Un home atraca unha sucursal bancaria na Coruña
08 de junio de 2018 (15:46 h.)
Descoñécese a cuantía do botín que levou o suxeito, que ameazou os empregados da sucursal cun arma
Un home atracou este venres unha sucursal de Caixa Rural Galega na Coruña, situada na rúa Francisco Mariño, segundo informaron a Europa Press fontes da Policía Nacional.
O suceso produciuse "a media mañá" e o asaltante foi un home que accedeu á entidade e ameazou aos empregados cunha arma, explicaron as mesmas fontes.
Polo momento, descoñécese a canto ascende o importe subtraído no atraco. "levou unha certa cantidade de diñeiro", precisaron desde a Xefatura Superior de Policía en Galicia.