Morre un home de 89 anos atropelado en Camariñas
31 de enero de 2018 (20:32 h.)
Os axentes do departamento de Corcubión investigan os feitos para determinar as causas do accidente
Un home de 89 anos, E.R.S., resultou falecido este mércores ao ser atropelado por un vehículo no municipio coruñés de Camariñas.
Segundo a información da Central de Atención a Emerxencias 112-Galicia, o suceso ocorreu ás 12.50 horas deste mércores no quilómetro 9,3 da estrada AC-432, cando o home foi atropelado por un vehículo.
Os axentes do departamento de Corcubión investigan os feitos para determinar as causas do atropelo.