Rescatados dous tripulantes dun barco do Grove tras caer ao mar en Ons
09 de febrero de 2020 (15:11 h.)
Dúas persoas foron rescatadas este domingo polo helicóptero Pesca 1 do Servizo de GardaCostas de Galicia despois de caer á auga desde o Tucán 2, unha embarcación con matrícula e base no Grove que saira a lanzar aparello con dúas persoas mais o patrón como tripulación.
Sobre as 11:15 horas, persoal da Sala de GardaCostas informaba ao 112 Galicia da mobilización da aeronave para o rescate das persoas que caeran á auga entre Sálvora e Ons.
Ademais dos servizos sanitarios de urxencia foron informados os axentes da Garda Civil e da Policía Local.
Unha vez rescatados, os tripulantes foron derivados na aeronave ata o Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo.