A arte e o delirio
Adianto dos contidos do Táboa Redonda deste domingo
Manuel Veiga Taboada escribe sobre Viv Albertine, unha rapaza perdida que acabou sendo clave no punk. Ramón Rozas lamenta o desmantelamento do tecido artístico galego. Nieves Neira agradece a Chan de Pólvora os Seis poemas galegos de Lorca. Antonio Costa pregúntase con que ánimo vai escoitar a Aznavour agora que finou. Javier Nogueira louva o achegamento á mecánica cuántica que fan debuxante Jorge Cham e o físico David Whiteson. Portorosa auxilia a dous ancianos abandonados nas infraestruturas ferroviarias. Juan Tallón descóbrenos a Bibiana Candia, a coruñesa que marchou a Berlín porque "siempre empieza", e a Christel Penela, unha editora de cartón. Jaureguizar escoita o silencio inducido de Antón Reixa.