Imprimir

Deslexitiman o resultado electoral

Tito Diéguez |

Galiciae | 02 de diciembre de 2019

OCORREU CON Zapatero, pasou con Sánchez a primeira vez, a da moción de censura, e volve suceder agora. A oposición pretende deslexitimar o presidente do Goberno. Con Zapatero coa teoría da conspiración, acusado ata de ideólogo dos atentados de Madrid para así, coa reacción, arrebatar o liderado ao PP.

A Sánchez achacábaselle que non chegara á Moncloa polas urnas senón por unha confabulación de case todos os partidos para apartar a Rajoy, como se a fórmula elixida fose ilegal, e agora que o PSOE foi o primeiro partido nas eleccións arremeten contra el polos socios cos que alcanzar a maioría. Que se os comunistas, que se os separatistas.

Utilizan a mesma linguaxe preguerracivilista de hai 80 anos, como se non tivera pasado o tempo, como se unha ditadura de 40 anos e sobre todo outros tantos de democracia non serviran para cambiar de rexistro. É o xeito de deslexitimar o conseguido legalmente, como se só puideran gobernar os de un lado.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/tito-dieguez/deslexitiman-resultado-electoral/20191202141130069640.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)