Imprimir

Imposicións, de todas as normas

Tito Diéguez |

Tito Diéguez | 11 de octubre de 2020

CRITICAMOS como imposta unha lei que non nos gusta e aceptamos de bo grao as que nos agradan. Así somos, pero todas as normas que debemos cumprir son imposicións, para todos, incluso para os que as rexeitan. Esta obviedade censúraa o alcalde de Madrid, como antes fixeron tantos outros de distintos partidos por decisións opostas ás que eles tomarían.

O estado de alarma é unha imposición, como foron as distintas restricións, aí e en todos os territorios afectados, iso e as medidas das outras institucións, incluídas os concellos. As doutrinas falsas soen buscar a imposición, as verdadeiras prefiren xustificarse, opinaba Julián Marías, e iso habería que estendelo pois o que pretende calquera na toma de decisións que afectan aos demais é o consentimento, que non pareza orde aínda que o sexa. Como os servizos que o Estado presta son imposición, os que nos esixe en pago tamén o son, recorda Frederic Bastiat, e hai que asumilos aínda que protestemos.

Puede ver este artículo en la siguitente dirección /opinion/tito-dieguez/imposicions-todas-normas/20201011182423085649.html


© 2020 Galiciae

Fernando de Casa Novoa, 35 A 1ºB Santiago de Compostela

Tlfno: 981 55 25 30

(Grupo El Progreso)