Abatido ao intentar acceder a unha comisaría dos Mossos ao berro de "Alá é grande"

Efectivos policiais ante a fachada da comisaría de Cornellà de Llobregat. ENRIC FONTCUBERTA (EFE)

Os feitos ocorreron pouco antes das seis da mañá en Cornellà de Llobregat

Un home foi abatido na mañá deste luns ao intentar acceder á comisaría de Cornellà de Llobregat (Barcelona) cun coitelo na man e ao berro de "Alá é grande", segundo fontes policiais.

Segundo informaron EFE fontes próximas ao caso, os feitos ocorreron ás 05.52 horas desta mañá e o home, ao entrar na comisaría gritou "Alá é grande" (Allahu Akbar) cun coitelo na man, polo que o axente responsable do acceso ás dependencias policiais disparoulle.

O agresor é, sinalan as fontes, un veciño de Cornellà de Llobregat e contaba cun NIE español, aínda que é natural de Alxeria.

Fontes da investigación precisaron a EFE que o home morto na comisaría de Cornellà nacera en abril de 1989.

A sala de mando dos Mossos d'Esquadra avisou do ocorrido tanto ao resto de comisarías da policía autonómica catalá como ao resto de forzas e corpos de seguridade do Estado.